Kidcode anuncia o seu curso de videoxogos e produto dixital para adolescentes en Vigo
Con sede en Vigo, Kidcode é un centro de formación que quere recoller toda a paixón que a mocidade sente polos videoxogos,para que amais de diversión tamén obteñan coñecementos e aptitudes que nun futuro poidan marcar a diferenza na contorna laboral, ou mesmo converterse na súaprimeira saída profesional.
A empresa da cidade olívica vén de crear un grupo especializado en a creación de videoxogo e produto dixital baixo o nome de Digital Studio, dispoñíbel a partir dos 13 anos. Neste curso axudarán ao alumnado a canalizar a súa paixón e creatividade cara a proxectos dee seu, adquirir criterio sobre a calidade destes produtos e investigar sobre os perfís profesionais que participan no deseño dos xogos que máis lles prestan.
O curso está dividido en catro áreas de traballo:
- Narrativa: para gañar habilidades de storytelling, comunicación e expresión.
- Arte: técnicas e ferramentas para que sublimen as súas ideas e conceptos en calquera tipo de soporte (papel, vídeo ou pantalla).
- Programación: para transformar as súas ideas nun produto funcional.
- Marketing: para aprender a exponer e transmitir o valor dos seus produtos.
Se queres obter máis información sobre este curso, ou sobre algún outro aspecto de Kidcode, podes contactar con eles nesta nesta ligazón.