Kingdom Hearts 3 e Yakuza 0 entran no Xbox Game Pass

Kingdom Hearts 3 e Yakuza 0 entran no Xbox Game Pass

Suma e segue. O Xbox Game Pass, o servizo de Microsoft, sumará nos vindeiros días uns cuantos xogos máis. Kingdom Hearts 3 aparece como o nome propio de maior relevancia, tan só unha horas despois de se confirma que os usuarios da máquina de Microsoft poderán gozar de toda a saga ao completo a través de dous packs.

Destaca tamén o engadido de Yakuza 0, franquía que aos poucos foi gañando un oco dentro do panorama Occidental grazas á potencia das súas narrativas.

A continuación, podes ver todos os xogos e as súas datas de inclusión no Pass de consola:

  • Ninja Gaiden II – 20 de febreiro
  • Kingdom Hearts III – 25 de febreiro
  • Two Point Hospital – 25 de febreiro
  • Wasteland Remastered – 25 de febreiro
  • Yakuza 0 – 26 de febreiro
  • Jackbox Party Pack 3 – 27 de febreiro

Tamén chegarán novidades ao Xbox Game Pass de PC. Aínda que non estará dispoñíbel o xogo de Square Enix si estará o Yakuza 0, xunto con Wasteland Remastered e Two Point Hospital, amais de Reigns: Game of Thrones e Indivisible. Microsoft non confirmou data, tan só a súa aparición.

Imagen de Xbox Game Pass

Títulos que se integrarán no Xbox Game Pass de PC.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados