Kingdom Hearts amplía o seu universo cun novo xogo para móbiles
A pesar da acollida desigual que tivo Kingdom Hearts III, Square Enix continúa interesada en seguir ampliando o universo de Sora, Donald e Goofy. Así o demostra o anuncio de Project Xehanort, o novo xogo da franquía Kingdom Hearts para iOS e Android que chegará a próxima primavera para dispositivos móbiles.
A creación dunha web oficial en diversos idiomas semella indicar que o lanzamento será a nivel global e non quedará reducido ao territorio xaponés. Doutra banda, foi a conta oficial do título en Twitter a que presentou un pequeno reto co que pretenden que os seguidores tenten adiviñar o título definitivo do xogo. Un dos poucos datos confirmados até o de agora é que o título incluirá compras dentro da propia aplicación.
A este anuncio hai que unir a información que compartiu Square Enix onte, na que indicaba que amais dos dous equipos dedicados en exclusiva á saga, dous novos grupos de desenvolvedores estarían traballando en máis xogos do universo Kingdom Hearts. A falta de coñecer máis sobre Project Xehanort e os futuros proxectos da compañía, Kingdom Hearts III vén de recibir en PS4 o seu novo DLC, Re: Mind, o cal engade novos personaxes xogábeis e elementos á historia orixinal.
The Guess the Name Campaign is here! Tell us what YOU think the title of the new KH experience will be and win big!?
10 winners will be selected! Campaign ends 1/28 at 6:59 p.m. PT!
For official rules and conditions, view the rules here: https://t.co/G8NEwh5gEo
Good luck! pic.twitter.com/TQEoLaLBlQ
— Project Xehanort (@projectxehanort) January 23, 2020