Kingdom Hearts III xa é de ouro

Kingdom Hearts III xa é de ouro

Xa está acabado. Kingdom Hearts III, o próximo xogo da saga das chaves espada entrou na fase gold, a previa á súa distribución. Desta maneira, sería moi estraño que se producise algún tipo de atraso no seu lanzamento para PS4 e Xbox One, previsto para o 29 de xaneiro do 2019. Apenas dous meses.

A través do Twitter oficial da saga, o creador da mesma, Tetsuya Nomura, mostrou publicamente a súa felicidade ao dar por finalizado o desenvolvemento do xogo, acompañando tal declaración dunha versión estendida do tráiler que estes días está a mostrarse nos cinemas norteamericanos.

Parece que por fin poderemos botarlle o dente a un dos xogos máis esperados dos últimos anos, aínda que quizais non estaría de máis facer un repaso ás súas anteriores entregas, dada a complicada natureza narrativa de Kingdom Hearts.

 

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados