Actualidade Kirby and the Forgotten Land presenta tráiler e data de lanzamento

Kirby and the Forgotten Land presenta tráiler e data de lanzamento

Nintendo xa marcou a data oficial de saída para outro grande exclusivo que verá a luz durante estes primeiros meses do novo ano. Kirby e a Terra Esquecida, programado para esta primavera, sairá á venda en Nintendo Switch o 25 de marzo.

O glorioso e lendario personaxe da compañía xaponesa protagoniza unha nova aventura que tamén amosou novas imaxes e posibilidades nun novo adianto que ofrece unha visión bastante completa do que nos agarda nesa terra esquecida. O obxectivo? Rescatar os Waddle Dees secuestrados.

Como non podia ser doutra maneira, unha das habilidades de Kirby será a de engulir os inimigos para absorber os seus poderes. Haberá moitos viláns e de diferentes tipos, algúns coñecidos, outros por coñecer. Ademais, poderemos xogar en compañía, pois será posíbel convidar un segundo xogador para que se una á partida en calquera intre, tomando o control dun Bandana Waddle Dee.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.