Actualidade Kirby é a nova estrela convidada en Tetris 99

Kirby é a nova estrela convidada en Tetris 99

O evento especial desta semana en Tetris 99 terá como protagonista ao lendario Kirby.

Programado para comezar esta fin de semana, do 20 ao 23 de setembro, todos os usuarios que consigan cen puntos ou máis no evento Maximus Cup desbloquearán un tema especial inspirado no mítico personaxe de Nintendo.

A cousa non remata aí. Ao completarmos o evento tamén obteremos noventa e nove mazás en Super Kirby Clash, o xogo de balde que se atopa no catálogo de Nintendo Switch Online, e que a compañía publicou hai apenas uns días.

O evento realizarase entre o 20 e o 23 de setembro e terá como recompensa un tema especial de Kirby.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *