Actualidade Kirby Fighters 2 chega por sorpresa a Nintendo Switch

Kirby Fighters 2 chega por sorpresa a Nintendo Switch

De xeito totalmente inesperado, Kirby Figthers 2 apareceu na eShop norteamericana. As sorpresas son unha práctica habitual en Nintendo, que amosou un tráiler da secuela do título de Nintendo 3DS e ofrece unha maior variedade de poderes, combates e accións por personaxe.

Tal e como ocorre en Super Smash Bros., podemos combater entre catro xogadores, cada un coa súa propia versión de Kirby contando até 17 posíbeis transformacións. Iso si, tamén dispoñeremos de modos en solitarios coa súa propia historia. Kirby Fighters 2 xa se atopa dispoñíbel na eShop española de Nintendo Switch por un total de 19,99 euros.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.