Kojima abre a porta que leva ao «xogo máis arrepiante»

Após a aterraxe de Death Stranding, Hideo Kojima xa comezou a soñar coa seu vindeiro proxecto. É ben sabido que o director xaponés ten o formigo no cu, e non é nada estraño que despois da finalización dunha obra e a súa posterior campaña de presentación, comece o traballo previo para a seguinte.
Se houbo unha cuestión repetida tras a saída do seu último xogo, alén das que o título propón, é unha moi evidente: «E agora, que?». Pois semella que Kojima empeza a arroxar algo de luz sobre o seu futuro creativo. Nun chío compartido a través da súa conta persoal, o director explica que perante a idea de facer «o xogo máis arrepiante», verá diversas películas que lle fagan espertar a súa vea terrorífica. Na mensaxe, fala de The Eye, unha cinta que tratou de ver mentres creaba P.T. pero que lle resoultou demasiado aterradora.
As to make the scariest horror game, I’ll watch the scary movies in order to awaken my horror soul. THE EYE is the Thai horror movie I rent when making PT but was too scary to finish watching. The package is scary so I rented the disc only. Will I be able to finish watching? pic.twitter.com/BVwPruUAvt
— HIDEO_KOJIMA (@HIDEO_KOJIMA_EN) November 22, 2019
Está claro que o creativo xaponés quedou cunha acha cravada por baixo da pel logo da cancelación de Silent Hills, o proxecto conxunto con Guillermo del Toro que nunca viu a luz. Máis aló deste comentario, xa en setembro Kojima confesou estar a pensar na súa próxima obra. Parece que o terror lle tenta. Haberá que esperar a ver se atravesa a súa porta.