Kojima anuncia o lanzamento de Death Stranding Director’s Cut

Kojima anuncia o lanzamento de Death Stranding Director’s Cut

Que Hideo Kojima é un dos maiores trols da industria do videoxogo non é nada novo, e o tráiler de presentación da versión do director de Death Stranding é a proba máis evidente dese enunciado.

O director xaponés tamén apareceu polo Summer Game Fest de Geoff  Keighley para presentar a última e máis completa versión de Death Stranding. Poderemos visitar, segundo dá a entender o adianto, algunha que outra nova localización e, o máis importante, correrá a 4K e 60 fps en PlayStation 5. Vaia, que chega á nova xeración.

Prometeron máis información ao longo das próximas semanas.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados