Kojima presenta o tráiler de lanzamento de Death Stranding

Sony vén de facer público o tráiler de lanzamento de Death Stranding.
Falta só unha semana para que o novo xogo de Hideo Kojima vexa a luz, o primeiro da súa produtora Kojima Productions, anunciado no 2016 e finalizado após un proceso creativo de tres anos e medio.
O 8 de novembro, a historia que ten como protagonista a Norman Reedus verá a luz en PlayStation 4, para facelo o ano que vén, durante o verán, en PC.
A continuación tes o novo adianto. Coidado, pode conter spoilers.