Actualidade Konami explora a fabricación de ordenadores gaming de sobremesa

Konami explora a fabricación de ordenadores gaming de sobremesa

Non só de xogos vive Konami. Malia que en Occidente sexa coñecida por sagas e franquías míticas como Silent Hill, Metal Gear ou Castlevania, a compañía xaponesa trátase dunha empresa con múltiples facetas de inversión no seu país de orixe. Un exemplo clásico é o da creación de máquinas de pachinko, máis que famosas no país do sol nacente. Cal é o seu novo terreo de investimento? Os computadores gaming de sobremesa.

Seguindo a información ofrecida polo portal xaponés PC Watch, a compañía nipoa quere penetrarse agora nun negocio que non parou de medrar ao longo do últimos dez anos. Nun principio, Konami sacará ao mercado, este mesmo setembro, unha liña de produtos Arespear,  que contará con tres modelos diferentes de computador. Os seus prezos oscilan entre os 1.498 euros e os 2.745 euros dependendo das características. Xa se abriron as reservas en Xapón.

O modelo máis caro e potente, o Arespear C700, ofrecerá un procesador i7-9700 con refrixeración líquida, unha RTX 2070 Super e 16 GB de RAM DDR4, así como un SSD de 512 GB e un HDD de 1 TB.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.