Actualidade Konami leva as melodías de Castlevania até Spotify

Konami leva as melodías de Castlevania até Spotify

Que as bandas sonoras son parte indispensable e fundamental de calquera videoxogo é algo máis que sabido. Así, cando unha compañía decide incorporar a Spotify unha boa colección de cancións que antes puidemos escoitar nunha partida, só queda darlle ao ‘play’. No caso de Konami, as notas parten desde a lenda vampírica de Castlevania. Exacto, as cancións de mitos como Castlevania: Symphony of the Night ou Rondo of Blood chegaron á plataforma musical.

Por desgraza, non foron incluidas as relacionadas coa saga Lords of Shadow, as entregas desenvolvidas por Mercury Steam baixo a batuta de Óscar Araujo. Estarán no futuro? Konami non se pronunciou respecto disto, polo que quizais teñamos que esperar.

Coa música na cabeza, sería un luxo imaxinar que a compañía xaponesa decide retomar a franquía e volver facer aquelas talentosas producións que soubo realizar hai décadas. Polo momento, nada se sabe sobre este asunto.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.