Actualidade Lab Zero Games despide a todos os empregados após as dimisións da semana pasada

Lab Zero Games despide a todos os empregados após as dimisións da semana pasada

Informa Kotaku que Lab Zero Games, creadores de Skullgirls e Indivisible, vén de despedir a todos o seu persoal. A noticia fíxose pública nas últimas horas, despois de que a exdirectora da compañía, Mariel Cartwright, anunciara que ía vender material gráfico para apoiar os compañeiros despedidos. Jonathan Kim, animador do estudio, respondeu cunha mensaxe na mesma rede social sinalando que todos os traballadores foran despedidos esta semana.

Tanto Cartwright como Kim formaban parte do grupo que fixo pública a súa dimisión a semana pasada por mor das condutas abusivas do seu CEO MichaelMike ZZaimont cara aos seus empregados. Segundo o medio estadounidense, após as dimisións só quedaban 11 persoas na compañía. Todas foron despedidas sen retribución nin seguro médico coa escusa de que a compañía non podía seguir dándolles un soldo, aínda que Zaimont afirma estar a buscar financiamento para sacar o estudio adiante e volver contratar os empregados despedidos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.