Lanzan un cangrexo a un xogador de Super Smash Bros. Melee tras unha épica partida

Instante bochornoso o que tivo que vivir Juan ‘Hungrybox’ DeBiedma, xogador profesional de Super Smash Bros. Melee para Team Liquid, durante o torneo Pound 2019. Tras acadar unha épica remontada, un asistente arroxou un cangrexo ao escenario e que pasou rozando ao gañador.
Despois duns segundos de incredulidade, DeBiedma non puido conterse e arremeteu contra o público sostendo o cangrexo mentres os comentaristas tampouco daban crédito ao que estaba a ocorrer. A vitoria do xogador tivo viuse embazada por un suceso tan absurdo e extravagante como o acontecido.
O xogador de Team Liquid decidiu, vía Twitter, pedir desculpas pola súa reacción inicial. «Perdón por perder as formas. Alguén me lanzou un maldito cangrexo. Despois de perder 5 sets. Perdín a cabeza. Que carallo pasa, meu? En calquera caso, ben xogado. Non se como gañei iso».
Sorry for losing my temper. Someone threw a fucking raw crab at me. After a 5 set losers run. Barely missed my head.
What the fuck man
Anyway GGs, no clue how I won that
— hungrybox (@LiquidHbox) April 21, 2019
Pola súa banda, os organizadores do torneo anunciaron que lle prohibirán a entrada ao asistente que lanzou o cangrexo. A cousa non quedará aí, pasarán o seu nome aos organizadores doutros eventos deportivos para que tampouco lle permitan o paso se así o consideran. Por suposto, non farán público o nome do espectador.
Nunha última mensaxe na rede social do paxaro azul, Biedma decidiu subir unha foto na que sae cun cangrexo recentemente cociñado, tirando de ironía. Acabaría por comelo durante o directo realizado a continuación na súa canle de Twitch.
My very serious response to the crab incident.
Live now:https://t.co/DnzNKw06RN pic.twitter.com/JFlG2pEDS8
— hungrybox (@LiquidHbox) April 23, 2019