Leon e Claire viaxarán até o mundo de Monter Hunter World

Leon e Claire viaxarán até o mundo de Monter Hunter World

Semella que no mundo de Monster Hunter World todo é posíbel ou, visto doutro xeito, que dá a benvida a todo aquel que queira pasear polas súas terras. Capcom é unha compañía que goza xuntando aos protagonistas das súas sagas, por mor disto quizais non sorprenda —máis aló da tolemia inicial— a idea de que Claire e Leon de Resident Evil 2 vaian facer a súa aparición en Iceborne.

Os protagonistas da última revisión da franquía dos zombis visitarán o universo Monster Hunter este novembro. O xogo multixogador de cacerías xa contou coa aparición de Dante, unha chiscadela á Aloy de Horizon Zero Dawn ou a presenza do bruxo Geralt de Rivia.

Gañadores do World of Capcom

Doutra banda, a compañía xaponesa fixo públicos os gañadores do seu concurso World of Capcom. Un evento co que quixo premiar aos xogadores máis creativos da comunidade de Monster Hunter World e permitir que os seus deseños aparezan tamén no título.

Os gañadores poderán comprobar, tamén en novembro, como as súas creacións forman parte do xogo. O gañador da categoría de armas foi  Sheep con seu “Black Eagle” Charge Blade, mentres que o gañador do concurso para o deseño do mítico Palico foi  Zyralynn co seu “Wiggler Set α+,”.

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.