Level-5 pecha as súas oficinas en Estados Unidos e o seu futuro en territorio occidental

Level-5 pecha as súas oficinas en Estados Unidos e o seu futuro en territorio occidental

As oficinas de Level-5 en Estados Unidos teñen as súas horas contadas. Grazas á información publicada por GamesIndustry, tanto Level-5 International America como Level-5 Abby estarían retiradas desde o ano pasado, o que deriva no despedimento dunha gran cantidade de traballadores.

A sangría é aínda máis grave. Os títulos da compañía poderían deixar de ser publicados en territorio occidental; algúns como Yo-kai Watch 4 ou Inazuma Eleven: Heroes’ Great Road non verían a luz fóra do Xapón. Ambos os dous xogos mantéñense á espera dunha data para o seu lanzamento en Europa ou Estados Unidos desde hai máis de dous anos.

Tan só dúas persoas manteñen a actividade da compañía no país americano e é posíbel que outras sagas como Ni No Kuni, Professor Layton e Snack World limítense aos usuarios nipóns.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados