Lendas Pokémon: Arceus, o RPG de mundo aberto de Pokémon, xa é unha realidade

Lendas Pokémon: Arceus, o RPG de mundo aberto de Pokémon, xa é unha realidade

Ocorreu o milagre, un milagre que chega polo 25 aniversario da saga Pokémon. Así é, a franquía decide arriscar, saír do camiño marcado e apostar por un novo estilo de xogo. Cal? O RPG de mundo aberto. Pokémon: Legend of Arceus (Lendas Pokémon: Arceus) promete ofrecer ese estilo de xogo que moitos levan rogando anos.

Game Freak serán os rsponsábeis detrás desta nova proposta, moi diferente dos capítulos tradicionais da saga. Trátase dunha aventura de mundo aberto, 3D, con cámara libre, sen transición entre o combate e a exploración. Unha revolución para o estudio e a franquía, vaia.

Pokémon: Legend of Arceus estará ambientado nunha versión feudal de Sinnoh, a rexión que servía de fondo para a cuarta xeración que viu a luz no 2007. Por suposto, o escenario foi modificado para se adaptar a este novo estilo de xogo, sendo o Monte Coroa o eixo central da aventura, co lendario Arceus como protagonista. No xogo, un profesor non especificado ofreceranos un Pokémon inicial a elixir entre Cyndaquil, Rowlet e Oshawott. E si, malia que viaxemos centos de anos atrás no tempo, as Poké Ball seguirán sendo unha tecnoloxía presente.

A continuación tes a presentación desta nova obra:

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados