Actualidade Limited Run publicará unha nova edición física do The Secret of Monkey Island en Mega CD

Limited Run publicará unha nova edición física do The Secret of Monkey Island en Mega CD

Omitir o nome de The Secret of Monkey Island ao falarmos de aventuras gráficas ben pode ser considerado un pecado. A lendaria obra de LucasArts é hoxe un título de culto que volve, curiosamente, nunha reedición para Mega Drive. Si, tal e como o les.

Limited Run é unha compañía dedicada ao rescate de clásicos. A editora independente anunciou na súa conta de Twitter que o próximo 28 de febreiro mostrará a súa nova edición física, abrirá as reservas e confirmará o prezo final. Atendendo á imaxe compartida, todo parece indicar que será unha bela versión, de compra obrigada para os coleccionistas deste tipo de produtos.

The Secret of Monkey Island incluirá un libro de instrucións que homenaxeará aqueles contidos que lanzaba SEGA outrora, tendo a caixa as referencias en tamaño dos xogos de Mega CD en Estados Unidos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.