Reportaxes Listos para o Nadal? Principais lanzamentos de decembro

Listos para o Nadal? Principais lanzamentos de decembro

Decembro, Nadal e rematamos o ano. É este mes un dos que ten menos lanzamentos, pero non por iso debemos esquecelo. A falta dun resumo e unha análise en profundidade, este 2018 deixou auténticas xoias da actual xeración de consolas. Poderemos ver no 2019 ás novas máquinas? Moitas voces apuntan que si, aínda que de momento temos que pór punto e seguido a este inverno.

O último mes do ano ten nome propio: Super Smash Bros. Ultimate. O título de Nintendo queda sinalado como o gran videoxogo do mes, e está chamado a ser un dos éxitos máis masivos de Switch. O 7 de decembro estará por fin dispoñible. Non hai que esquecer a chegada da cuarta entrega de Just Cause, que conta cunha boa lexión de seguidores. Tamén viviremos o lanzamento para PS4 e Xbox One de Mutant Year Zero: Road to Eden, xogo de estratexia que recolle as mecánicas de XCOM. Por certo, a consola de Sony tamén lle abrirá a porta ao PUBG o 7 de decembro.

Xogo Plataforma Data de lanzamento
Just Cause 4 PS4, Xbox One, PC 4 de decembro
Mutant Year Zero: Road to Eden PS4, Xbox One, 4 de decembro
Monster Boy and the Cursed Kingdom PS4, Xbox One, PC, Switch 4 de decembro
Persona 3: Dancing in Moonlight PS4, PSVita 4 de decembro
Persona 4: Dancing All Night PS4 4 de decembro
Persona 5: Dancing in Starlight PS4, PSVita 4 de decembro
Super Smash Bros. Ultimate Switch 7 de decembro7
PlayerUnknown’s Battlegrounds Switch 7 de decembro
Earth Defense Force 5 PS4 11 de decembro
Dragon Marked for Death Switch 13 de decembro

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *