Reportaxes Literatura e Videoxogos danse a man a través da Fundación Carlos Casares

Literatura e Videoxogos danse a man a través da Fundación Carlos Casares

Por segundo ano consecutivo, a aposta da Fundación Carlos Casares polo videoxogo como forma cultural e artística continúa activa. As II Xornadas Videoxogo e Literatura celebraranse entre o 11 e o 12 de setembro dentro das instalacións do MARCO de Vigo, o mesmo escenario que o ano pasado.

En que consisten estas xornadas? Seguindo o guion do ano pasado, realizaranse diversas mesas redondas e charlas técnicas sobre o medio, que van desde a relación entre as narrativas literarias e interactivas, ao potencial educativo dos videoxogos aplicado desde a docencia. Amais disto, esta edición conta coa colaboración da Fundación do Museo do Videoxogo (MUVI) que ten disposta unha máis que interesante exposición interactiva dentro do edificio da rúa Príncipe. Xa se pode visitar.

«A historia dos videoxogos en 360º é unha instalación expositiva e interactiva, complementada por unha visita virtual en 360º, que propón ao visitante viaxar polos eventos máis relevantes da historia do sector. Máis de 40 anos resumidos en 20 fitos: videoconsolas, universo arcade, VR, mandos de control únicos, videoxogos que marcaron época e os mellores videoxogos, esta vez, tamén galegos. Creado polo Museo do Videoxogo en colaboración con algúns dos desenvolvedores de videoxogos máis importantes de Galicia, a proposta conduciranos dende a década de 1970 ata os nosos días a través dun percorrido divulgo-interactivo adaptado aos tempos, no que tamén será imprescindible a interacción virtual para coñecer en profundidade todas as pezas expostas», explican desde a entidade que inaugura o seu primeiro evento como fundación activa.

Doutra banda, tamén se están realizando os concursos de pixel-art e game jam, organizados baixo o paraguas destas mesmas xornadas.

A continuación, podes coñecer o programa completo de relatorios e conferencias, que se realizarán con todas as medidas de seguridade e hixiene precisas para estes tempos. Se tes dúbidas sobre o aforo ou requires máis información, podes consultar a páxina oficial do evento.

Programa (Venres)
  • 09:30 Inauguración
  • 10:00 Mesa redonda – NARRATIVAS

Antonio GilProfesor Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC)
Adrián Suárez. Doutor da UdC especializado en ludonarrativas
David Ferriz. Co-fundador, deseñador de xogo e artista gráfico en DevilishGames, é o creador de Path to Mnemosyne.
MODERA: Carlos Pereiro. Director da revista Morcego

  • 11:15 Faladoiro – O VIDEOXOGO NA LOITA CONTRA O ALZHEIMER. O CASO DE “A PEGADA NO TEMPO”

Onésimo Juncos. GI en Neurociencia Cognitiva Aplicada e Psicoxerontología (USC)
Miguel AreánXerente de Polygon-e Studios.

  • 12:15 Pausa Café – Tempo para conversar e descansar un intre.
  • 12:30 Faladoiro FINANCIAMENTO E XESTIÓN DUN PROXECTO

Gilberto Sánchez. Director académico da área de Videoxogos da U-TAD y coordinador de área de industria en FEVeS (Federación Española de Videojuegos e eSports.

  • 16:30 Mesa redonda – PROBLEMÁTICA E CIRCUNSTANCIAS DA INDUSTRIA CULTURAL DO VIDEOXOGO

María Fernández. Creadora de videoxogos e embaixadora de Women in Games.
Félix Menéndez. Artista técnico senior para videoxogos.
Alba Calvo: Localizadora e tradutora de videoxogos.
MODERA: Luz Castro. Cofundadora da Asociación Videoxogo.gal

  • 18:30 PRESENTACIÓN DO MUVI – INAUGURACIÓN E VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN “A HISTORIA DOS VIDEOXOGOS EN 360º”

Jacobo e Galo Martínez. Fundación Museo do Videoxogo (MUVI)

  • 19:00 After Word PRESENTACIÓN DO PROXECTO “ELBA IS ABLE”

Teresa Moure. Coordinadora do proxecto

Programa (Sábado)
  • 09:30 Recepción GameJam – Recepción dos participantes na GameJam
  • 10:00 Faladoiro – LOCALIZACIÓN E VIDEOXOGO

Concepción González. Developer Manager en Electronic Arts, tamén traballou como xefa de proxecto en Ubisoft e Blizzard.

  • 11:15 Presentación – Woden GP

Victor Justo Presentación do xogo realizado íntegramente por Victor Justo como deseñador, programador e músico

  • 12:30 Pausa Café – Tempo para conversar e descansar un intre.
  • 12:45 Presentación – A vertente cultural do videoxogo por José Garnelo de Fosfatina Ediciones e a Música nos videoxogos por Isabel Fernández, creadora da BSO de MelBits.
  • 16:30 Faladoiro – COMUNICACIÓN DUN PROXECTO DE VIDEOXOGO

Carlos Pereiro. Director da revista Morcego

  • 17:45 Finalistas da “Game Jam” – Coñeceremos os finalistas da “Game Jam”.
  • 18:30 Mesa redonda – O POTENCIAL DOS VIDEOXOGOS NA EDUCACIÓN

Andrea Plaza: Responsable de Educación en L3TCraft
Daniel Rodríguez: Mestre de tecnoloxía no IES ALEXANDRE BÓVEDA
Leticia Costas: Responsable de Kidcode
MODERA: Luz Castro. Cofundadora da Asociación Videoxogo.gal

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.