Actualidade Lonesome Village cumpre a súa meta en Kickstarter e prepara a súa estrea en 2021

Lonesome Village cumpre a súa meta en Kickstarter e prepara a súa estrea en 2021

Un novo proxecto sae do forno de Kickstarter. Lonesome Village é o nome do título desenvolvido en México e que recolle influencias doutras obras como Animal Crossing ou The Legend of Zelda. Máis 86.000 euros foi a cifra final de recadación do xogo, quintuplicando a meta inicial grazas ao apoio de máis de 3.500 persoas.

A achega recibida supera con fartura a cifra inicial, por mor disto foron engadidos novos obxectivos como unha banda sonora gravada con instrumentos reais, diferentes zonas, escenas ASMR, un novo compañeiro para a partida e moito máis. Lonesome Village ten previsto o seu lanzamento en outubro de 2021 para Nintendo Switch e PC.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.