
Loop Hero supera os 150.000 usuarios no día do seu lanzamento
Dispoñíbel en PC desde esta fin de semana, Loop Hero vai ser un dos xogo do ano. Non é unha afirmación esaxerada ou produto dun entusiasmo prematuro, en serio. Devolver Digital presentouno nos últimos Game Awars como gañador do GOTY a través dunha entrañábel parodia, pero hoxe, vendo o éxito que está a recoller, un decátase do secreto detrás daquel anuncio: a editora de verdade considera que este pode ser un dos lanzamentos do 2021.
Sexa como for, as consideracións chegarán nunha análise ao longo deste mes, pois hoxe toca simplemente constatar a boa acollida que tivo o título de estratexia de Four Quarters, creadores de Please Don’t Touch Anything (2015), entre outros. Até 150.000 xogadores mercaron para PC Loop Hero. «O noso equipo está atafegado coa resposta a Loop Hero e non podemos agradecerllo o suficiente á nosa nova comunidade – Máis de 150 mil xogadores! Grazas a todos!», escriben na súa conta de Twitter.
Our team is overwhelmed by the response to Loop Hero and can't thank all our new community enough – over 150k players already!
Thanks you all so much! pic.twitter.com/iQqJzilPOZ— FourQuarters team (@_FQteam) March 5, 2021
Se queres probalo… podes. Ten demo en Steam e tamén está á venda en Epic.