Lost Ark xa é o segundo xogo da historia de Steam con máis usuarios simultáneos

Lost Ark, o MMORPG de Smilegate e Amazon Games foi estrenado en early access en Steam esta pasada fin de semana e xa se converteu nun fenómeno listo para a súa análise. O título logrou xuntar 1.325.305 usuarios de xeito simultáneo, o que o transforma no segundo videoxogo con máis usuarios xogando á vez da historia da plataforma.
Supera, desta forma, a Counter-Strike: Global Offensive —cun máximo de 1.308.963— e DOTA 2 —cun máximo de 1,295,114—. En primeira posición, porén, segue apareciendo PUBG: BATTLEGROUNDS, que contou no seu día con 3.257.248 usuarios.
Por supuesto, esta estrea por todo o alto tamén contou cunha cara negativa, e é que os servidores de Lost Ark estiveron ao límite toda a fin de semana, provocando unhas colas inmensas para poder accedermos ao xogo. O mesmo venres o equipo de desenvolvemento do título tivo de atrasar o lanzamento oficial por «problemas de implementación».
Estamos sentando las bases para aumentar aún más la capacidad de los servidor en toda la región de Europa Central.
Para preparar esto, todos los servidores de esta región se desconectarán por mantenimiento a las 8:00 AM CET del domingo 13 de febrero.https://t.co/Ncq50Tpspy
— Lost Ark ES (@PlayLostArkES) February 13, 2022