Actualidade Luigi’s Mansion 3 expandirá a súa experiencia multixogador

Luigi’s Mansion 3 expandirá a súa experiencia multixogador

Nintendo quere que Luigi’s Mansion 3 reciba máis contido no futuro, un contido que se centrará na experiencia multixogador e que se dividirá en dous DLC.

O primeiro deles chegará con tres minixogos para o modo Luigi contra Luigi, novas pantasmas, obxectos e novas vestimentas — momia, cabaleiro e disco—. Lanzarase no mes de abril de 2020. Tamén serán engadidos tres novos escenarios á Torre dos desafíos.

O segundo DLC, sen data, engadirá outros tres modos de xogo ao modo Luigi contra Luigi, outros tres cosméticos e aínda máis pantasmas. Todo aquel que queira ter este novo contido deberá pasar por caixa, iso si. Os dous DLC pódense adquirir por un prezo de 9,99 euros. Non se venden por separado. Ou todo ou nada.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.