Actualidade Mafia Trilogy :: Data, remake completo do primeiro e tráiler

Mafia Trilogy :: Data, remake completo do primeiro e tráiler

2K Games avisou de que pronto teriamos noticias sobre Mafia Trilogy e así foi. A editora vén de presentar os tres videoxogos que forman parte desta colección que recupera unha franquía ben coñecida, que foi conseguindo xerar unha lexión de seguidores en todo o mundo. Haberá dous remasterizaciones, Mafia 2 e Mafia III; namentres a volta á vida do primeiro título consistitra nunha revisión total do orixinal, partindo de cero. As novas versións chegarán para PC, Xbox One e PS4.

As versións remasterizadas, que levan por subtítulo Edición Definitiva, xa se estrearon e conteñen todos os contidos adicionais lanzados no seu momento após o lanzamento inicial. Non hai que esperar un salto gráfico espectacular, pero si un pulido e perfilado de diversos elementos relacionados coas sombras, as luces e certas texturas.

Á esquerda, a versión orixinal; á dereita, a edición remasterizada.

Sexa como for, o prato forte servirase o 28 de agosto coa aparición do remake do Mafia orixinal, a cargo do equipo de Hangar 13. «Case 20 anos despois de que comezase sériea Mafia, agora temos unha oportunidade incríbel de presentar este querido xogo a unha nova xeración de xogadores e darlles aos fans de toda a vida a oportunidade de revivir a historia de Tommy cunha presentación moderna e estelar», explica o estudio.

Amais da revisión gráfica, tamén foi confirmada unha ampliación do guion a través de novos diálogos, historias secundarias expandidas e escenas adicionais. A continuación podes ver como lucirá esta revisión.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.