Actualidade Magic: Legends, o futuro RPG de acción, amosa o seu primeiro gameplay

Magic: Legends, o futuro RPG de acción, amosa o seu primeiro gameplay

O primeiro gameplay de Magic: Legends chegou, e fíxoo a través do medio Game Informer. Para os máis despistados, dicirvos que se trata dun RPG de acción desenvolto como un spin-off de Magic: The Gathering, o famoso título de cartas.

Espérase que esta expansión do universo de Magic chegue ao longo deste ano 2020, tanto para PC como para PlayStation 4 e Xbox One. O vídeo que acompaña a información mostra contido pre-alpha, cun Mind Mage e un Geomancer sacando músculo.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.