Magic Twins chegará este xoves e chegará con localización ao galego

O estudio madrileño Flying Beast Labs e a editora BadLand Publishing celebrarán este xoves, 18 de marzo, o lanzamento de Magic Twins, un título que se move entre a acción e a resolución de quebracabezas, e que desembarcará en PC e Nintendo Switch.
«Magic Twins é un xogo arcade quebracabezas cooperativo no que as bruxas Abra e Cadabra deben intercambiar constantemente os seus poderes cromáxicos para derrotaren ás hordas de elementais de cores e así deter o Cormageddon que elas mesmas provocaron (sen querer). Vermello vence a vermello, azul vence a azul… xa sabes. A maxia non ten por que ser complicada!», explican desde a compañía.
O estudio tamén confirmou que o título contará con localización ao galego, algo que comeza a ser cada vez máis habitual nas producións peninsulares. A versión de Steam contará con esta opción desde o seu lanzamento, mais en Switch teremos de agardar á seguinte actualización.
A continuación podes ver unhas capturas do xogo na nosa lingua: