Actualidade Máis de 7 millóns de persoas adquiriron A Total War Saga: Troy na rebaixa especial da EGS

Máis de 7 millóns de persoas adquiriron A Total War Saga: Troy na rebaixa especial da EGS

Durante 24 horas, todo o día de lanzamento, A Total War Saga: Troy estivo a un prezo de cero euros na Epic Games Store. Máis de 7,5 millóns de persoas quixeron que o título de SEGA pasase a formar parte da súa colección. Unha barbaridade que volve poñer sobre a mesa a atención que xeran este tipo de ofertas.

A obra de estratexia creada por Creative Assembly segue estando dispoñíbel na tenda dixital, pero agora calquera que a queira deberá abrir a carteira e depositar 49,99 euros. Será a única plataforma que distribúa o título para PC durante un ano.

Rob Bartholomew, Chief Product Officer do estudo, declarou que «eramos optimistas pero non puidemos predicir este nivel de emoción […] agora podemos dar a benvida a moitísimos xogadores de estratexia —veteranos e novatos— para que experimenten esta incríbel saga. Estamos moi contentos».

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.