Man of Medan faranos vivir entre catro e cinco horas de terror

Quizais vexamos os termómetros derretidos unha vez chegue agosto, pero ao menos poderemos arrefriar o ambiente co terror que promete Man of Medan, o primeiro título da serie The Dark Pictures, o proxecto narrativo e xogable que ten Supermassive Games nas súas mans. A duración deste tipo de títulos, enfocados principalmente á narración e a toma de decisións, é sempre unha curiosidade recorrente; por iso, os creadores do magnífico Until Dawn quixeron desvelar o dato.
Segundo o director do xogo, Tom Heaton, «a aventura durará entre catro e cinco horas», estando máis preto da segunda cifra que da primeira. O creador cre que se trata dunha «duración boa para unha historia con moitas ramificacións» xa que evita alongar a narrativa de maneira artificial.
Pode que algún pense que é pouco, pero a realidade é que tal e como se nos conta a historia, hai un factor de rexogabilidade evidente. «Teredes gana de xogalo outra vez e de salvar aos que morreron na primeira volta, de xogar outra vez e matalos a todos… Creo que a xente quererá xogalo moitas veces e tratar de atopar todos os contidos secretos que se ocultan no seu interior», explica Heaton.
Publicado por por Bandai Namco, Man of Medan sairá o 30 de agosto para PlayStation 4, Xbox One e PC. Conta a historia dun grupo de mozos que topan, no medio do océano, un buque de carga que naufragou en estrañas circunstancias no Pacífico Sur, aló polo ano 1947.