Actualidade Mario Kart Tour, rompe récords para Nintendo na súa primeira semana

Mario Kart Tour, rompe récords para Nintendo na súa primeira semana

Mario Kart Tour xa é a mellor estrea de Nintendo dentro do mercado dos teléfonos intelixentes. Segundo os datos ofrecidos por Sensor Tower, o xogo de condución vén de superar os 90 millóns de descargas, relevando a Animal Crossin: Pocket Camp, con 14,3 millóns, dese primeiro posto.

Ora ben, a boa estrea de Mario Kart Tour non supuxo tamén o seu liderado como xogo que máis diñeiro xera para a compañía da gran N en móbiles. Fire Emblem Heroes e Super Mario Run manteñen as honores  con 28,2 e 16,2 millóns de dólares; namentres a nova obra queda nos 12,7 millóns.

Doutra banda, as recensións sobre o xogo de condución foron moderadas, recibindo votos negativos no referido ao seu control, e a melloras que poderían e deberían ser corrixidas nun futuro.

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.