Actualidade Marvel Snap, o novo xogo de cartas do creador de Hearthstone

Marvel Snap, o novo xogo de cartas do creador de Hearthstone

Ben Brode, o antigo director e creador de Hearthstone en Blizzard, acaba de anunciar un novo título de cartas bautizado como Marvel Snap. Chega da man do seu estudio Second Dinner e neste teremos acceso a diferentes cartas coleccionables con personaxes da lendaria marca de cómics norteamericana. Sairá nalgún momento deste ano para PC e móbiles.

O anuncio chega a través dun pequeno teaser e algunha explicación sobre as súas mecánicas, aínda que supoño que pronto teremos máis información e gameplay. De entrada, aposta por partidas de pequena duración —3 minutos—, onde crearemos decks pequenos en comparación a outras propostas semellantes —15 cartas escolleremos—. De momento xa conta con máis de 150 personaxes, comoo Iron Man ou Groot.

A primeira beta pechada será para Android nos Estados Unidos, Canadá, Filipinas, Singapura, Hong Kong, Australia e Nova Zelandia. Aquí teremos de agardar un chisco máis.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.