Actualidade Marvel’s Avengers en PS4 e Xbox One terá actualizacións para a nova xeración de balde

Marvel’s Avengers en PS4 e Xbox One terá actualizacións para a nova xeración de balde

O grupo de superheroes máis poderoso da Terra recibirá unha versión de se para a nova xeración de forma totalmente gratuíta. Así o anunciou Square Enix, xa que grazas ao sistema de Smart Delivery en Xbox Series X, os usuarios de Xbox One poderán gozar da versión mellorada na súa nova consola. Os usuarios de PS4 tamén gozarán desta vantaxe no momento no que adquiran a súa PS5.

Incluso as partidas gardadas en Xbox One e PS4 serán trasladadas ás futuras consolas, evitando a perda do noso progreso. O cross-play interxeracional é outra das novidades anunciadas para Marvel’s Avengers, iso si, entre a mesma familia de consolas.

No blogue de PlayStation recóllense as melloras que incluirá o xogo de Crystal Dinamics, así como unha emisión en directo do título o 24 de xuño ás 19 horas no que poderemos obter máis información, un novo gameplay e o modo cooperativo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.