Actualidade Marvel’s Avengers recibe unha nova actualización e promete arranxar numerosos erros

Marvel’s Avengers recibe unha nova actualización e promete arranxar numerosos erros

Após chegar a ser a beta máis descargada da historia de PlayStation, Marvel’s Avengers afrontou o seu lanzamento cunha serie de erros que están a entorpecer a experiencia dos usuarios. Square Enix e Crystal Dynamics saíron á fronte desta problemática publicando o parche 1.2.5.

Aínda que nas notas do mesmo contabilízanse bastantes correccións, desde ambas as dúas compañías avisan que a versión 1.3.0 será a actualización máis grande até o momento. Centos de problemas serán solucionados grazas ao traballo dos dous equipos, xa que desde a chegada dos heroes máis poderosos da Terra, as queixas nas redes sociais sobre o rendemento do título foron continuas.

Outubro e novembro son os meses no que Marvel’s Avengers recibirá as dúas primeiras actualizacións centradas nas tramas de Hawkeye n e Kate Bishop. Ao se tratar dun xogo-servizo, a chegada de contido será habitual ao longo do tempo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.