Marvel’s Spider-Man: Miles Morales será un xogo completo
Se houbo un anuncio na presentación de Sony difícil de saber que era exactamente ese foi o de Marvel’s Spider-Man: Miles Morales. No tráiler do evento de PS5, nin Sony nin Insomniac deron pista algunha sobre que tipo de obra sería: un xogo completo? un remaster? unha expansión? un DLC? Os seus creadores tiveron que coller o teclado e despexar as dúbidas.
A través da súa conta oficial de Twitter, a compañía propiedade de Sony explicou que se trata dunha obra independente. Como puideron crear un título tan rápido? É probábel que aproveitando boa parte do traballo investido no Marvel’s Spider-Man de PS4. Sexa como for, parece que a aventura de Miles Morales será un caso similar ao acontecido co Uncharted: Lost Legacy, que non foi unha secuela como tal do Uncharted de 2018, pero tampouco un DLC ou unha expansión sen máis.
It is a standalone game
— Insomniac Games (@insomniacgames) June 12, 2020
O certo é que a compañía xaponesa non axudou a aclarar nun principio as dúbidas suscitadas entre a comunidade, chegando a sinalar un directivo de Sony Interactive Entertainment, Simon Rutter, que Miles Morales sería unha expansión incluída nunha versión mellorada do orixinal que vería a luz a finais de ano en PS5, nunha entrevista a The Telepgraph.