Actualidade Marvel’s Spider-Man actualízase con dous novos traxes de Spider-Man: Lonxe de casa

Marvel’s Spider-Man actualízase con dous novos traxes de Spider-Man: Lonxe de casa

Spider-Man: Lonxe de casa chegará ás salas de cine en España este venres 5 de xullo. A continuación das aventuras do noso trepamuros favorito levaralle a territorio europeo e terá que enfrontarse a novos e descoñecidos perigos.

Con motivo desta estrea, Insomniac Games quixo lanzar un parche de balde, o 1.16, cos novos traxes que lucirá Peter Parker, encarnado polo actor Tom Holland. Desta forma, os posuidores do título exclusivo de PlayStation recibirán o traxe mellorado e o traxe de sixilo.

Spider-Man Imagen 2

Os novos traxes de Spider-Man aportan unha maior variedade á aventura.

Con esta actualización gratuíta, xa son 42 os traxes cos que poderemos movernos por Nova York. Insomniac preocupouse por traer traxes das películas máis recentes, así como as de principio de século, engadindo unha maior variedade ao xogo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.