Actualidade Mass Effect :: Electronic Arts confirma a remasterización da triloxía orixinal

Mass Effect :: Electronic Arts confirma a remasterización da triloxía orixinal

Xa é oficial. Os tres primeiros xogos da saga Mass Effect recibirán unha segunda vida. Electronic Arts confirmou este sábado o que xa era un segredo a voces, e logo de varios meses de rumores xa podemos saber de certo que esas remasterizaciones están en camiño baixo o título Mass Effect Legendary Edition.

Os títulos contarán con todo o contido adicional que foron recibindo ao longo dos seus lanzamentos, amais das típicas melloras visuais e de rendemento que se lle presupoñen a un produto deste tipo. Tamén recibirán unha optimización para resolución 4K. Haberá novas texturas, modelados e efectos, pero a compañía xa avisa que non se trata dun remake.

Sen unha data concreta, fíxase a súa xanela de lanzamento para a primavera do ano que vén. Chegará para PlayStation 4 e 5, Xbox One e Series X| S e PC.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.