MediEvil :: Así foi e así será

PlayStation vén de publicar na súa canle de YouTube oficial un vídeo no que procura comparar o material orixinal coa visión renovada do seu remake, título que chegará o 25 de outubro en exclusiva para PlayStation 4.
Nick Accordino, produtor da revisión, comenta ao longo de media hora o traballo realizado, conforme a pantalla amosa imaxes dun mesmo nivel, pero visto desde o pasado e contrastando co presente.
Unha boa maneira de ir abrindo o apetito.