Actualidade MediEvil Remake xa dá por rematado o seu desenvolvemento

MediEvil Remake xa dá por rematado o seu desenvolvemento

En termos anglosaxóns e do argot profesional, MediEvil Remake xa é gold, é dicir, deu por finalizado o seu desenvolvemento, polo que está listo para continuar cos procesos de distribución e venda ao público. Anunciado na PlayStationExperience do 2017, a volta de Sir Daniel Fortesque fíxose de rogar máis da conta, pero en pouco máis dun mes, volverá percorrer as paraxes de  Gallowmere.

Other Ocean, a compañía encargada da súa creación, publicou unha mensaxe en redes sociais coa foto dun Blu- ray de 25 GB, asinada o 14 de setembro, quizais unha das primeiras copias completas para uso interno.

Este lanzamento supón a volta doutro dos heroes de PlayStation á vida, após as revisións realizadas de Spyro e Crash. Ben é certo, que este lavado de cara seemella un pouco máis discreto que o recibido polos seus compañeiros.

Bob & Barn (Paul Arnold e Andrew Barnabas), os compositores orixinais de MediEvil, tamén estarán de volta nesta versión. Amais de Jason Wilson, actor que deu vida a Sir Daniel e interpretou ao protagonista nas dúas primeiras entregas.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.