Mega Drive Mini atrásase dúas semanas, chegará en outubro
Mega Drive Mini non chegará ás tendas de todo o mundo o próximo 19 de setembro, tal e como estaba previsto. SEGA fixo público, a través das súas redes sociais, que a súa máquina atrasarase en Europa e Oriente Medio dúas semanas. Poderase mercar o 4 de outubro.
Como xa saberás, Mega Drive Mini segue o ronsel das consolas de tamaño reducido, como NES ou PlayStation Classic, e quere ser unha réplica da lendaria máquina negra da compañía xaponesa.
Se a adquires, poderás gozar de 42 títulos da 16 bits de SEGA, entre os que non faltan clásicos de enorme valor como Sonic The Hedgehog, Castlevania: Bloodlines, Golden Axe, Castle of Illusion Starring Mickey Mouse, etcétera.
Unfortunately due to unavoidable logistical challenges, the European and Middle Eastern release of the Mega Drive Mini will be delayed by two weeks, to October 4th 2019. We appreciate your patience.
— SEGA Europe (@SEGA_Europe) July 29, 2019