Mercury é o nome da nova tenda dixital de Xbox Series X

Unha nova ollada á próxima xeración é o que puidemos ver hoxe. Windows Central amosou Mercury, o proxecto de Microsoft para brindar un novo deseño á tenda dixital de Xbox. Co fin de manter unha homoxeneidade, esta nova estrutura mantense fiel ao mostrado na beta da app de Xbox e á Xbox Game Bar en PC. Deste xeito atopámonos cunha nova tipografía, bordos máis redondos e efectos de blur nos fondos, amais dunha gran cantidade de animacións.
Como non podía ser doutra forma, Mercury non modifica algúns dos aspectos habituais até o de agora como as puntuacións dos xogadores ou a posibilidade de visualizar tráileres e capturas de pantalla dos xogos. Sen unha data de lanzamento anunciada, Windows Central si que confirmou que Mercury será unha plataforma unificada para Xbox One e Xbox Series X. Aquí tedes un vídeo no que podedes coñecer o que ten preparado Microsoft: