Metal Slug Tactics non chegará até o 2023
Dotemu acaba de anunciar un atraso para Metal Slug Tactics, que move a súa xanela de lanzamento até o ano que vén —estaba previsto para este ano, sen data concreta—.
Polo momento, non houbo ningún cambio no que respecta ás plataformas para as que chegará: Switch e PC. Foi, de certo, en Steam onde foi publicado o comunicado no que Dotemu e Leikir decidiron sinalar o adiamento.
Marco, Eri, Fio, and Tarma are tinkering away to make #MetalSlugTactics as explosive as possible on release, but the squad needs a bit more time in the shop to prepare for the battles ahead. See you in 2023! @LeikirStudio x @Dotemu
🎨Artwork by @AngryangryD pic.twitter.com/JRKqpnvUQp— Dotemu (@Dotemu) August 11, 2022
«Non é preciso dicir que estamos a traballar moi duro para facer que Metal Slug Tactics sexa tan explosivo como sexa posible no seu lanzamento», reza o comunicado, «mais para iso necesitamos un pouco máis de tempo para prepararnos para as batallas que nos esperan».
Esta nova obra da franquía Metal Slug foi anunciada o ano pasado e semella unha reinvención do clásico de SNK, a través de vistas isométricas, combates por quendas e un aspecto bastante —moito— interesante e bonito.