Actualidade Metal Slug volverá disparar en consolas e móbiles este 2020

Metal Slug volverá disparar en consolas e móbiles este 2020

O retorno dun clásico está ao virar a esquina. O ano pasado SNK anunciaba que un novo xogo de Metal Slug estaba en desenvolvemento pero foi hoxee  cando puidemos coñecer detalles máis concretos. Serán dous os títulos que poderemos adquirir ao longo do ano 2020, un para consolas e outro para dispositivos móbiles.

Porén, SNK Interactive ten moi avanzado o proxecto para iOS e Android—preto do do 80% do desenvolvemento— aínda que continúa sen data concreta para o seu lanzamento. Este xogo implementaría as mecánicas dun título de cartas con desprazamento lateral en 2D, namentres a obra para consolas seguirá o estilo tradicional da franquía, sendo un shooter de desprazamento lateral.

As boas novas non rematan aquí xa que Jeon Se-hwan, CEO de SNK Interactive, declarou a súa intención de lanzar máis dun título cada ano. Ambos os dous videoxogos son independentes do xogo de Metal Slug que está a desenvolver TiMi Studio, pertencente a Tencent.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.