Actualidade Metro Exodus contará con modo foto en 4K e superior

Metro Exodus contará con modo foto en 4K e superior

4A Games e Deep Silver acaban de anunciar que Metro Exodus contará con modo foto desde o mesmo día do seu lanzamento. Unha característica cada vez máis habitual dentro da industria e que neste caso permitirá captar ese mundo apocalíptico do que fará gala o título. Xogo que por certo veremos moi pronto, o 15 de febreiro en Xbox One, PC e PS4.

Na segunda das versións nomeadas é a que terá características especiais se temos unha tarxeta gráfica Nvidia, grazas á ferramenta de edición Ansel. Todo aquel que teña unha GPU compatible poderá crear fotografías máis complexas, con resolución 4 K e superior, ademais de gozar da tecnoloxía RTX Ray Tracing ao longo de todo o título.

“É certo que é unha característica relativamente rara nos xogos de acción en primeira persoa, pero o equipo foi moi determinante á hora de que funcionase no título e querían darlle a oportunidade aos fans de Metro a posibilidade de capturar as súas propias historias e imaxes nas abatidas terras de Rusia” explica o produtor executivo de 4A, Games Jon Bloch.

A terceira entrega da saga Metro promete ser enorme. Unha mestura entre acción e supervivencia en contornas máis abertas que os subsolos rusos que percorremos con anterioridade. Iso si, tampouco se perderá esa escura claustrofobia. Estará máis que presente, aínda que se optou, tamén, por ofertas máis experiencias e escenarios.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.