Metro Exodus: Enhanced Edition, o primeiro xogo de PC con compatibilidade total co DualSense

Metro Exodus: Enhanced Edition, o primeiro xogo de PC con compatibilidade total co DualSense

A recente Enhanced Edition de Metro Exodus permitirá utilizar todas as funcións do mando DualSense de PlayStation 5 en PC, é dicir, que aproveitará a experiencia da vibración háptica e os gatillos adaptativos. A mellora chegou a través do seu último parche en Steam.

Trátase dun engadido gratuíto, anunciado en febreiro, e que converte á obra de 4A Games na primeira aproveitar as posibilidades do mando de Sony ao cento por cento tamén en PC, unha experiencia bastante interesante, e que abre as portas a que outros estudios queran incluír este tipo de engadidos ou situalos de saída.

É curioso, pois as funcións táctiles chegan antes a este sistema que á mesma PS5, que aínda non conta con este parche, e non chegará ata o 18 de xuño. A continuación tes un vídeo de un  Dualsense en acción co Metro Exodus:

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados