Actualidade Metro Exodus espertará mañá coa súa primeira expansión

Metro Exodus espertará mañá coa súa primeira expansión

Que Metro Exodus recibiría algún día unha expansión –e outras que chegarán, en xaneiro do próximo ano, por exemplo– era algo sabido antes de que o propio título apaerecera no mercado. Ese día chegou, ou ben, chegará mañá, 20 de agosto. Chámase Os dous coroneis e foi estreado en exclusiva durante a Xbox Inside da Gamescom 2019.

Este DLC achegará unha nova narración á trama orixinal, sendo o seu protagonista o coronel  Khlebnikov, que tenta chegar ao lugar no que está o seu fillo a tempo de celebrar a Noitevella. Este engadido ao xogo de 4A Games recupera os  laberínticos e perigosos túneles que se abren embaixo da Rusia post-apocalíptica.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *