Metro Exodus será exclusivo da Epic Store en PC
Epic Games continúa o seu particular duelo contra Valve. A última acción do primeiro foi obter a exclusividade para PC de Metro Exodus, que sairá en pouco máis de dúas semanas, o 15 de febreiro.
Así, a terceira entrega desta franquía desaparecerá de Steam. Dende hoxe, será imposible adquirila nesta plataforma dixital. Por suposto, si se manterán as reservas realizadas con antelación na aplicación de Valve, polo que algúns se poderán instalar e xogar Metro Exodus nela.
Important Announcement – we’re partnering with Epic to bring Metro Exodus to the Epic Store. This partnership will allow Deep Silver to invest in the future of the Metro series and the development team at 4A Games. Read the full story and FAQ.https://t.co/cYu0TqUplc
— Metro Exodus (@MetroVideoGame) January 28, 2019
Engádese desta maneira outro capítulo máis á guerra de Epic contra Valve e á potente aposta pola súa propia tenda dixital, plataforma que ofrece un título de balde cada dúas semanas, e que xa lle “roubou” a Steam The Division 2.
[…] reflectiu nunha acollida máis ben fría pola parte do público —en parte tamén pola polémica exclusividade coa tenda de Epic a poucos días da saída oficial do […]