Actualidade Metro Exodus súmase a lista de títulos que eliminan Denuvo do seu sistema

Metro Exodus súmase a lista de títulos que eliminan Denuvo do seu sistema

Se a semana pasada era DOOM Eternal o encargado de dicirlle adeus ao sistema Denuvo, nesta ocasión foi Metro Exodus o seguinte xogo en querer estar nesa lista. O título 4A Games eliminou o parche antipiratería das versións de Epic Games Store, Steam e PC en Xbox Game Pass.

Denuvo é un dos sistemas máis polémicos que utilizan as desenvolvedoras na actualidade, xa que é frecuente que provoque diversos fallos no funcionamento dos videoxogos que o teñen implementado. A última entrega de Metro aproveitou esta nova actualización para corrixir erros como a rotación da cámara. Alén disto, xa se atopa dispoñíbel a opción de crear unha copia de seguridade da partida para os usuarios da Epic Games Store no caso de que a nosa partida gardada na nube non sexa accesíbel.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.