Michel Ancel anuncia a súa retirada da industria do videoxogo

Michel Ancel anuncia a súa retirada da industria do videoxogo

Michel Ancel é un dos nomes máis coñecidos da industria do videoxogo. O seu papel como creador de Rayman, icona absoluta dentro de Ubisoft, e logo director do mítico Beyond Good & Evil posicionárono como un dos poucos deseñadores con nome e apelido, alén dun descoñecido detrás da pantalla. Quizais por isto, e porque na actualidade estaba a dirixir a secuela Beyond Good & Evil 2, o anuncio sorpresa do seu retiro soe, como mínimo, potente e inesperado dalgún xeito.

A través da súa conta de Instagram, o francés emitiu o seguinte comunicado:«Hoxe é un día moi especial para min. Tras máis de 30 anos, decidín deixar de traballar nos videoxogos, e dedicarme plenamente á miña segunda paixón A fauna salvaxe! O meu novo proxecto terá lugar no mundo real, e consiste en unha reserva natural de vida silvestre dedicada á educación, os amantes da natureza e… animais salvaxes».

Involucrado tamén no proceso creativo de Wild, Ancel asegura que os dous proxectos seguen adiante, explicando que non hai nada que temer e que os dous xogos avanzan a bo ritmo grazas aos equipos que hai detrás de cada un. «Hai cousas preciosas por ver deica pouco», finaliza.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados