Microsoft achega mais detalles e xogos incluídos no servizo Smart Delivery

Un dos grandes atractivos que posúe a Xbox Series X é o servizo de Smart Delivery, o cal permite que un xogo comprado en Xbox One poida ser utilizado en Xbox Series X coa súa mellor versión dispoñíbel. Todos os títulos propios de Microsoft contarán con esta tecnoloxía, outros estudios como Ubisoft ou CD Projekt RED tamén se sumaron a esta iniciativa.
Smart Delivery será compatíbel cos xogos do Xbox Game Pass e desta forma poderemos xogar no noso dormitorio á versión de Halo Infinite en Xbox Series X para continuar a partida na nosa Xbox One do salón. Tal será a accesibilidade que algúns xogos como Cyberpunk 2077, que non estarán optimizados no seu lanzamento, poderán ser xogados en Xbox One, seguir en Xbox Series X no seu formato retrocompatíbel e posteriormente recibir a actualización da nova xeración sen custo algún.
Estes son os títulos confirmados que farán uso de Smart Delivery:
- Halo Infinite
- Cyberpunk 2077
- Assassin’s Creed Valhalla
- Destiny 2
- DiRT 5
- Scarlet Nexus
- Chorus
- Vampire: The Masquerade – Bloodlines 2
- Yakuza: Like a Dragon
- The Ascent
- Call of the Sea
- Gears 5
- Second Extinction
- Metal: Hellslinger