Microsoft anuncia Age of Mythology Retold, remasterización do xogo de 2002

Microsoft anuncia Age of Mythology Retold, remasterización do xogo de 2002

Microsoft confirmou a creación de Age of Mythology Retold, que vén sendo unha remasterización do título de 2022, desenvolvido no seu momento por Ensemble Studios.

O xogo, dentro da franquía dos Age of Empires, é unha especie de spin-off dentro do eido da fantasía e as lendas, mesturando heroes, relatos e criaturas das mitoloxías grega, exipcia, atlante e nórdica.

Segundo a compañía de Redmond, esta versión do xogo traerá «o tratamento de Edición Definitiva a Age of Mythology, con belos gráficos, xogabilidade actualizada e máis».

Retold está a ser desenvolvido polo estudio World’s Edge, unha filial de Microsoft Game Studios dirixida por Shannon Loftis. Aínda non ten data de lanzamento nin plataformas; ora ben, imos supoñer que sairá, de seguro, en PC.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados